Nuestra asociación
A “Asociación dos Autocaravanistas de Galicia” (Ac-Ga), co seu CIF G-36580744, foi constituída coma unha entidade sen ánimo de lucro, no 29.03.08 por un grupo de autocaravanistas galegos coa finalidade, entre outras, de promover iniciativas na área das Administracións Locais e Autonómica co obxecto de mellorar as condicións para a utilización das autocaravanas de uso lúdico e velar pola defensa dos dereitos dos autocaravanistas fronte aos intereses privados e as interpretacións subxectivas da lexislación vixente.
Cómpre engadir que o seu ámbito de actuación abrangue a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e forma parte da Federación Española de Asociaciones Autocaravanistas (FEAA) e da Federation Intertanional des Clubs de Motorhomes (FICM).
Siempre es una alegría que lleguen socios nuevos y traigan a nuestra asociación un soplo de aire fresco. ¡será un placer conocerle!
Contacto

