No día 7 deste mes de Abril, a Asociación dos Autocaravanistas de Galicia (AC-GA) representada polo seu Presidente e Secretario, tiveron unha reunión de traballo co Alcalde e máis co Concelleiro de Obras do Concello de Soutomaior na provincia de Pontevedra.
Os representantes dos autocaravanistas explicaron as necesidades do colectivo e solicitaron aos seus interlocutores a creación dun punto de servizo para as autocaravanas no concello de Soutomaior.
Tanto o Alcalde coma o Concelleiro, amosaron a súa boa disposición para atender as peticións dos autocaravanistas, explicaron que no concello de Soutomaior non existe problema algún para estacionar as autocaravanas consonte a normativa e mesmo mostraron a súa intención de proceder de inmediato ao estudo e construción deste punto de servizo para que poida estar preparado na temporada do verán, xa que consideran que esta instalación vai servir coma un xeito máis de facer atractivo ó Concello para os viaxeiros autocaravanistas.
Ao remate da reunión, o Alcalde deu a súa autorización para que desde AC-GA déramos publicidade desta boa nova a todo o colectivo.
Desde AC-GA, mostramos o noso agradecemento ao Concello de Soutomaior, representado polo seu Alcalde e Concelleiro, pola amabilidade e atención que tiveron coa AC-GA e , por extensión, co colectivo autocaravanista.
Coma autocaravanistas alegrámonos desta nova instalación que se engade á lista de puntos de servizo que os viaxeiros autocaravanistas poden utilizar na Galiza.
El día 7 del presente mes de abril, la Asociación dos Autocaravanistas de Galicia (AC-GA), representada por su Presidente y por su Secretario, han tenido una reunión de trabajo con el Alcalde y con el Concelleiro de Obras del Concello de Soutomaior en la provincia de Pontevedra.
Los representantes de los autocaravanistas explicaron las necesidades del colectivo y solicitaron, a sus interlocutores, la creación de un punto de servicio para las autocaravanas en el Concello de Soutomaior.
Tanto el Alcalde como el Concelleiro, mostraron su buena disposición para atender las peticiones de los autocaravanistas, explicaron que en el Concello de Soutomaior no existe problema alguno para estacionar las autocaravanas de acuerdo con la normativa y mostraron su intención de proceder de manera inmediata al estudio y construcción de este punto de servicio para que pueda estar preparado para la próxima temporada estival ya que, consideran, esta instalación va a servir como una forma más de hacer atractivo este Concello para los viajeros en autocaravana.
Al término de la reunión, el Alcalde procedió a autorizar a los representantes de AC-GA para que desde esa Asociación dieran publicidad de esta buena noticia a todo el colectivo.
Desde AC-GA, mostramos nuestro agradecimiento al Concello de Soutomaior, representado por su Alcalde y por su Concelleiro, por la amabilidad y atención que tuvieron con AC-GA y, por extensión, con todo el colectivo autocaravanista.
Como autocaravanistas nos alegramos de esta nueva instalación que se añade a la lista de puntos de servicio que los viajeros en autocaravana pueden utilizar en Galicia.
