PUNTO DE SERVIZO PARA AUTOCARAVANAS EN PONTEVEDRA
Anunciamos que o Concello de Pontevedra ven de aprobar, a instancias da Asociación dos Autocaravanistas de Galicia (AC-GA), o proxecto para a creación dun punto de servizos para autocaravanas (carga e baleirado de depósitos) na cidade de Pontevedra; estará situado nun amplo aparcadoiro de titularidade pública (previsión de 200 prazas) e nova creación. As obras para a posta en funcionamento desta nova infraestrutura avanzan a bo ritmo e a previsión é que poda estar en funcionamento este ano 2010.
Dende AC-GA damos as grazas ao Concello de Pontevedra pola aposta polo turismo autocaravanista e polo bo trato que dispensaron, tanto os Concelleiros de Turismo e de Obras coma os Técnicos municipais, aos representantes da nosa Asociación.
Punto de servicio para autocaravanas en Pontevedra
Anunciamos que el Concello de Pontevedra acaba de aprobar, a instancias de la Asociación dos Autocaravanistas de Galicia (AC-GA), el proyecto para la creación de un punto de servicio para autocaravanas (carga e vaciado de depósitos) en la ciudad de Pontevedra; estará situado en un amplio aparcamiento de titularidad pública (previsión de 200 plazas) y nueva creación. Las obras para la puesta en funcionamiento de esta nueva infraestructura avanzan a buen ritmo y la previsión es de que pueda estar en funcionamiento en este año 2010.
Desde AC-GA damos las gracias al Concello de Pontevedra por la apuesta por el turismo autocaravanista y por el buen trato que dispensaron, tanto los Concelleiros de Turismo y de Obras como los Técnico municipales, a los representantes de nuestra Asociación.
